Hoxe teño ganas de escribir, pero non sei qué carallo decir, nin sei se teño algo dentro que aportaros. O caso é que teño gañas de teclear, ten narices a cousa, como se non o fixera durante todo o santo día.
En fin, deixo os dediños bailar mentres a miña louca e cansada cabeciña, intenta desconectar do que parece una temporada que non ten fin.
Estou agotada, os meus ollos non teñen o brillo habitual (con habitual refírome a que brillan na oscuridade ;) ), dóenme os pes e a espalda, teño o cuello do tamaño dun camión, e só sinto que teño que escribilo. Non quero darvos a sensación de estar queixándome todo o rato, mais con toda sinceradade quero gritar que ESTOU FARTIÑA!!
Déume agora por falarvos en galego, e é probable que cometa algunhas faltas ortográficas, pero écheme igual, porque nestre intre sáeme así, tal cual, da alma.
Fareille entón unha pequena homeaxe á miña lingua, á miña terra, que noto que cando teño sono, estou cansada, ou quero mimos, vólvome máis galega que nunca. O tono de voz suavízase, teño tendencia a acaba-las palabras en -iña, -iño, favorecendo ós tópicos (se existen tamén vos digo que será por algo), e o carácter vólveseme máis dulce.
Recordo tempos nos que a xente decía de min que falaba despaciño, nun tono medio e cunha voz mais de muller, e agora, a vegadas, escoitome falar, e...dóume medo carallo! Espero que sexa algo temporal, e que non perdure, porque meus filliños, quero seguir sendo coma sempre fun...inda que non estou moi lonxe da miña persoa, a vegadas semello...un manolo cabreado.
En fin, que simplemente tiña ganas de escribir algunhas palabras, e millor que me saíran en galego, non sexa que esqueza as miñas raíces.
Biquiños e apertas para todos.
L.